




Café A Sede – El Trigal
Que mellor forma hai de coller forzas para as compras na rúa do Príncipe que unha parada no Café A Sede? Achegate e goza dos nosos cafés, pastelería e panadería, ademais dos nosos menús do día.
Restaurante Silabario
O prestixioso Restaurante Silabario do chef Alberto González, posuidor do Sol Repsol 2021 e a Estrela Michelin 2021, ábreche as portas de A Sede. Inspirada no fabuloso receitario tradicional galego pero cun persoal selo de autor, a cociña de Silabario está pensada para todos os padais, pero en especial para o dos amantes da boa gastronomía.
Teléfono Reservas: 986077363
A tenda
Situada en plena Rúa do Príncipe, a popular zona comercial e de moda de Vigo, a tenda de A Sede é un espazo onde atoparás unha gran variedade de produtos oficiais do RC Celta. Unha nova forma de respirar celtismo nun espazo onde moda e deporte van da man.
Clínica RCCELTA
Na Clínica RC Celta atoparás o mellor servizo tanto en fisioterapia e traumatoloxía como noutros servizos vinculados á medicina do deporte ( cardioloxía, nutrición, rehabilitación personalizada…). Baixo a dirección do Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta e médico da Selección Española, a Clínica RC Celta conta cos mellores profesionais do sector para atender e solucionar con garantías o teu caso, xa sexas deportista profesional ou non. Xa podes solicitar cita na web clinica.rccelta.es ou no tlf 886 160 955.
Salón Regio
O Salón Regio é o dinamizador de A Sede. Un lugar histórico e emblemático onde gozar de contido cultural, didáctico e artístico durante todo o ano, pero tamén un espazo único, diferente e adaptable para organizar o teu evento de empresa, charla, concerto…
Axenda

Repaso a la actualidad celeste
Carlos Mouriño protagonizará este jueves 13 de agosto a partir de las 11:00 horas un repaso a la actualidad celeste. El encuentro del presidente del RC Celta con los medios de comunicación, que volverá a tener como escenario el Salón Regio de A Sede, podrá ser seguido en directo por todos los aficionados a través del canal oficial del club en Youtube, Celta Media.

Firma Renovación Felipe Miñambres

Firma Fichaje Nolito

retransmisión todos los partidos final de temporada RC Celta
Todos los días de partido te esperamos en A Sede, abriendo puertas 30 minutos previo al inicio de cada partido. #CandoHaiPaixón
– Medidas sanitarias – En pantalla gigante – Servicio de barra
